Coa estrea de Fabanola e o televexo o 4 de marzo de 1979 na IV Feira do Queixo de Arzúa nace a compañía Os Monicreques. |
Pronto incorporase ó grupo Fernando Pedrido.
Neste primeiro ano de vida son moitas as peripecias que vive o grupo, dende a desfeita do seu teatriño o día da estrea que lles obrigou nos primeiros meses de existencia a ter que utilizar 2 pancartas para actuar, unha diante que os ocultaba da vista do público e outra detrás pintada a xeito de decorado, e que suxeitaban os membros das comisións de festas.
Dan a coñecer e asentan o teatro de marionetas en Galicia tralo baleiro deixado popularmente pola desaparición de Barriga Verde.
Recuperan ó tempo o espírito das Misións Pedagóxicas dos anos 30 levando os fantoches a tódolos currunchos da xeografía galega.
Representan espectáculos en galego contribuíndo á normalización da lingua galega,especialmente entre o público infantil.
Crean espectáculos didácticos, non violentos e de participación.
CADRO ARTÍSTICO
Autor Kukas
Manipuladores marionetas (1º equipo)
Isabel Rey
Rosa Rey
Jacobo Remuñan
Kukas
Manipuladores marionetas (2º equipo)
Fernando Pedrido
Kukas
Técnica de manipulación Fantoche de luva
DOCUMENTOS
MANUSCRITO OBRA