1991 Historias dun papel

O espectáculo Historias dun papel estreouse o 5 de outubro de 1991 na Feira de Teatro de Galicia e conta a historia dun monifate de papel que vive a súa propia aventura nun obradoiro de monicreques.

Na posta en escena de este espectáculo queríase dar unha visión plástica, divertida, do mundo da construción e do teatro de marionetas, polo que interesaba crear unhas marionetas de diferentes técnicas de manipulación que deixarán á vista tanto os seus mecanismos como a súa estrutura formal.

A obra era unha pantomima de actor e marionetas polo que a dirección planeouse un traballo de improvisacións a partires dun argumento básico ata conseguir estruturar tódalas aventuras e o proceso interior dos personaxes en relación cos sucesos que lles ían acontecendo,  sendo a música o soporte  sobre o que se foi desenrolando a historia e que o mesmo tempo axudaba xunto a mímica e as onomatopeas a expresarse os personaxes.

DESEÑOS

FOTOGRAFÍAS

PROGRAMA MAN

PRENSA

FRAGMENTO BANDA SONORA

VÍDEO FRAGMENTO HISTORIAS DUN PAPEL

GUIÓN ARGUMENTAL OBRA HISTORIAS DUN PAPEL

Espectáculo subvencionado na produción por: