A parodia dun festival musical é unha homenaxe á Mozart e ao mundo da música clásica estreouse o 15 de outubro de 1995 na Casa da cultura de Boiro. |
Na posta en escena contempláronse varios aspectos, dunha banda o espazo escénico tiña que evocar un teatro tradicional co seu foso para os músicos, pano, varais, etcétera, e os personaxes debían ter aspecto humano, pero sen perder a posibilidade de transgredir as leis da física e da gravidade que permiten as marionetas, isto levou a adaptar o prototipo utilizado en Canonxo e O Mariscal a un tamaño máis pequeno que permitira unha manipulación máis lixeira, buscando maior liberdade de movementos e unha representación realista ou máxica segundo interesara en cada momento do espectáculo.
DESEÑOS
FOTOGRAFÍAS
PROGRAMA DE MAN
PRENSA
FRAGMENTO BANDA SONORA
TEXTO OBRA A CULPA FOI DE MOZART
Espectáculo subvencionado na produción por: