O espectáculo DON GAIFEROS forma parte dun proxecto global máis amplo que inclúe a reedición do cómic Don Gaiferos e a exposición itinerante de deseños orixinais de marionetas e escenografías, de planas orixinais do cómic e das marionetas e decorados da versión creada no ano 1993.
Obra de teatro con monicreques de fíos e música en directo que partindo do romance popularizado por Faustino Santalices e incorporando cancións e músicas do folclore galego conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Don Gaiferos de Mormaltan.
Nesa viaxe atemporal atoparase con diferentes personaxes e peregrinos e peregrinas procedentes de diferentes partes do mundo, os xigantes e cabezudos do Corpus de Lugo, comediantes e ata ao mesmo Apóstolo Santiago.
Espectáculo dirixido a todos os públicos, preferentemente maiores de 6/8 anos. En funcións para escolares recomendamos para ESO e tamén bacharelato e 3º e 4º de Primaria. Dispoñemos de unidade didáctica a disposición dos centros escolares.
A obra comeza cunha introdución musical na que un cego e a súa lazariña cantan o Romance de Don Gaiferos.
Despois de moitas aventuras o vello peregrino chega ata o Pórtico da Gloria e como era o seu desexo morre aos pes do Apóstolo ….
Este é un dos moitos milagres que Santiago apóstolo fai!
Autor: Marcelino de Santiago
Dirección: Isabel Rei Pousada e Kukas
Intérpretes: Isabel García Coldeira, Marian González Rodríguez,
Borxa Insua Lema, Marcelino de Santiago Viqueira, Ero Vázquez Cabrera
Músicas: Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras, Aldara Palmeiro, Tomé Mouriño
Deseño marionetas e escenografía: Kukas
Deseño iluminación: Miguel Cabaleiro
Realización escenografía, marionetas e vestiario Kukas, Ero Vázquez,
Borxa Insua, Isabel Rei
Fotografías Jacobo Remuñan e Kukas
Vídeo: Tze man
Produción e distribución: Isabel Rei Pousada
Espectáculo subvencionada á produción: