S.O.S. Emerxencia ambiental estreouse o 6 de outubro do 2023 no Pazo da Cultura de Pontevedra na exposición “Sempre máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige”

S.O.S. Emerxencia ambiental é unha poética reflexión sobre a contaminación de mares e océanos que nos aprende a ver o grande no pequeno, a dimensión inmensa da catástrofe que se expresa íntima nun fío, nun peixe, nunha pinga, nun riso.

Da modalidade de teatro coñecida como TUTILIMUNDI na que se representan pequenas escenas teatrais con figuras e decorados animados dentro dunha caixa a dúas persoas espectadoras en cada pase de cinco minutos de duración.

A Real Academia Española menciona o termo tutilimundi por primeira vez na súa edición de 1884 considerándoo como sinónimo de “totilimundi”, “mundinovi” e “mundonovo” e defíneo coma: “unha arca en forma de escaparate e dentro vense varias figuras de madeira que se moven ao redor.

A sinxeleza e a beleza do mínimo, a síntese das formas e os símbolos ao servicio da reflexión e a denuncia das agresións que sofre o medio ambiente e a natureza.

Autor e intérprete:

Marcelino de Santiago Viqueira (Kukas)

Dirección: Isabel Rei Pousada

Aforo máximo:  2 persoa por pase

Duración pase: 5 minutos e 1 segundo

Sesión: 2 horas cada sesión

Máximo 2 sesións por día

Critica S.O.S. emerxencia ambiental