
Viva Vivaldi (1, 2, 3 e catro estacións)
Os concertos As catro estacións de Vivaldi inspiráronnos para crear
un espectáculo musical interpretado por actores e monicreques
no que representamos pequenas historias de amizade,
solidariedade, relacións afectivas e respecto pola igualdade e
a natureza ao tempo que amosamos algunhas das peculiaridades
de cada unha das estacións do ano.

Unha pintora (Maruxa), unha escritora (Rosalía Emilia Concepción) e un músico (Antón)
crearan un mundo fantástico e poético no que as marionetas son cabazas recicladas
e tratadas cunha paleta de cores brillantes e contrastados nun espazo branco que se
transforma grazas a iluminación que vai suxerindo os diferentes ambientes e estacións.

Interpretado por Marián González, Larraitz Urruzola e Marcelino de Santiago (Kukas).
Versión musical para guitarra de Ruben Barros Deschamps,
Iluminación de Miguel Cabaleiro
Dirección de Isabel Rei Pousada.









Crítica espectáculo



Tráiler espectáculo
Necesidades técnicas:
Viva Vivaldi (1,2,3 e catro estacións) é un espectáculo dirixido a todos os públicos a partires dos 3 anos.

Escena 6/8m ancho x 4/6 m fondo x 2,5/ 3 m alto
Equipo de son e luces básico (a compañía aporta iluminación led)

Camerinos 3 persoas
2 Persoas carga e descarga

Duración espectáculo: 55 minutos
Duración montaxe 3 horas
Duración desmontar 1 hora

Espectáculo subvencionado á produción:







