Xan Perillan e a maleta máxica

É un espectáculo que mestura o pallaso e a pantomima coa maxia e os monicreques.
Conta as peripecias de Xan Perillán e o seu loro Ravachol mentres fai a maleta para viaxar a Pernambuco.

Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco …
¿Pero onde queda Pernambuco?
¿no hemisferio Norte ou no Sur?…
Xunta tódalas súas cousas e vai meténdoas nunha maleta,
Pero que non é unha maleta calquera…
E por riba o seu loro Ravachol aparece e desaparece por ar.

Autor e intérprete:
Dirección escena
Dirixida a todos os públicos

Necesidades técnicas:
Espazo escénico:
Ancho de 6 m
Fondo 3-4 m
Altura 3 m
1persoa axuda carga e descarga
Toma de corrente de 220 V / 3 KW
Camerino ou similar para 1 persoa.
2 horas montar, 1 hora desmontar
Duración espectáculo e actividade de papiroflexia: 1 hora
Pódese representar no interior e exterior





