Arteixo. Centro Cívico Manuel Murguía.
27 de setembro de 2024
18:30 horas.
Todos públicos (+ 3 anos)
RGTA
O venres 27 de setembro ás 18,30 horas no Centro Cívico Manuel Murguía de Arteixo Os Monicreques de Kukas presentamos VIVA VIVALDI (1,2,3 e catro estacións) espectáculo que conta cunha axuda á produción da Agadic.
Interpretado por Marián González, Larraitz Urruzola e Marcelino de Santiago (Kukas). Versión musical para guitarra de Ruben Barros Deschamps, iluminación de Miguel Cabaleiro e dirección de Isabel Rei Pousada.
En Viva Vivaldi (1,2,3 e catro estacións) representamos os cambios que se producen en cada unha das estacións do ano. Con pequenas historias que valoran a importancia da amizade e das relacións afectivas e solidarias.
Espectáculo subvencionado na produción: