Compostela.Viva Vivaldi

Santiago de Compostela. Auditorio de Galicia. Sala Mozart.

21 de setembro de 2024

18:00 horas.

Todos públicos (+ 3 anos).

O sábado 21 de setembro ás 18,00 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia Os Monicreques de Kukas presentamos VIVA VIVALDI (1,2,3 e catro estacións) espectáculo que conta cunha axuda á produción da Agadic.

Interpretado por Marián González, Larraitz Urruzola e Marcelino de Santiago (Kukas). Versión musical para guitarra de Ruben Barros Deschamps, iluminación de Miguel Cabaleiro e dirección de Isabel Rei Pousada.

En Viva Vivaldi (1,2,3 e catro estacións) representamos os cambios que se producen en cada unha das estacións do ano. Con pequenas historias que valoran a importancia da amizade e das relacións afectivas e solidarias.

Espectáculo subvencionado na produción:

Últimos eventos

Estade atentos aos nosos próximos eventos