O carteiro de Ximaraos chega a Narón

Función de O carteiro de Ximaraos o domingo 1 de febreiro de 2026 ás 18:00 horas no Pazo da Cultura de Narón.

Dentro da programación da REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS en colaboración entre a AGADIC e o Padroado da cultura do Concello de Narón.

O carteiro de Ximaraos é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego e Monicreques de Kukas.

Partindo do texto orixinal de Carlos Labraña, XIII Premio Manuel María convocado pola Axencia Galega de Industrias Culturais.

Proposta escénica do equipo artístico que recibiu o Premio Xuventude Crea de Xuventude de Galicia na modalidade de teatro.

Obra dirixida a todos os públicos.

ENTRADAS Á VENTA:

O CARTEIRO DE XIMARAOS | Narón – Padroado da Cultura de Narón: O carteiro de Ximaraos chega a Narón

O Carteiro de Ximaraos

É unha creación escénica que nos convida a detérmonos no valor da memoria,

na forza dos recordos e, sobre todo, na necesidade de cultivar os afectos entre

xeracións.

Trátase dunha peza especialmente dirixida ao público infantil e familiar,

que consegue achegar unha enfermidade complexa como o alzhéimer con

sensibilidade, intelixencia e respecto,

converténdose nun exemplo de como o teatro pode ser ao tempo ferramenta

pedagóxica, arte comprometida e espazo de encontro.

A peza céntrase na relación entre un avó e o seu neto,

que descobre na carteira de correos un tesouro de cartas esquecidas.

A través desta conexión, o espectáculo reflexiona sobre como as historias,

as memorias compartidase os pequenos rituais familiares poden enfrontarse

ao esquecemento…

Esta proposta tamén destaca polo seu valor como ferramenta emocional para

traballar coas crianzas sentimentos, como a tristeza, o apego, o medo á perda

ou a confusión que produce ver cambiar ás persoas que queremos.

O teatro convértese aquí nun espazo seguro desde o que abordar estas cuestións

sen tabús,  favorecendo unha educación emocional que moitas veces fica esquecida

nas dinámicas escolares ou familiares.

Ao mesmo tempo, a obra reforza a relación interxeracional, poñendo en primeiro

plano a riqueza dos vínculos entre infancia e vellez, e desbotando visións

estigmatizantes da doenza ou da idade.

Equipo artístico

Texto: Carlos Labraña (XIII Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil)

Dirección: Susana Villaverde

Dramaturxia: Ezequiel Rodríguez e Susana Villaverde

Interpretación: Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rey

Escenografía e creación de audiovisuais: Maite Dubois

Deseño iluminación e máscaras: Amelia Poyato

Deseño de monicreques e vestiario: Amelia Poyato

Colaboración na realización de monicreques: Marcelino de Santiago e Isabel Rey

Composición musical e gravación banda sonora:    Xosé Lois Romero

Espazo sonoro e voz: Noemí Pardo

Asesoramento lingüístico: Rosa Moledo

Últimos eventos

Estade atentos aos nosos próximos eventos