Funcións de O carteiro de Ximaraos o martes 11 ás 10:00 e 12:00 e mércores 12 de novembro ás 10:00 e 12:00 no Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras. Co patrocinio da Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia

As representacións contan coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.
O carteiro de Ximaraos é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego e Monicreques de Kukas.
Partindo do texto orixinal de Carlos Labraña, XIII Premio Manuel María convocado pola Axencia Galega de Industrias Culturais.
Proposta escénica do equipo artístico que recibiu o Premio Xuventude Crea de Xuventude de Galicia na modalidade de teatro.
O carteiro de Ximaraos
É unha creación escénica que nos convida a detérmonos no valor da memoria,
na forza dos recordos e, sobre todo, na necesidade de cultivar os afectos entre xeracións.
Trátase dunha peza especialmente dirixida ao público infantil e familiar,
que consegue achegar unha enfermidade complexa como o alzhéimer con sensibilidade, intelixencia e respecto,
converténdose nun exemplo de como o teatro pode ser ao tempo ferramenta pedagóxica, arte comprometida e espazo de encontro.
A peza céntrase na relación entre un avó, antigo carteiro da vila de Ximaraos, e o seu neto,
que descobre na carteira de correos un tesouro de cartas esquecidas.
A través desta conexión, o espectáculo reflexiona sobre como as historias, as memorias compartidas
e os pequenos rituais familiares poden enfrontarse ao esquecemento…
Esta proposta tamén destaca polo seu valor como ferramenta emocional para traballar coas crianzas sentimentos
como a tristeza, o apego, o medo á perda ou a confusión que produce ver cambiar ás persoas que queremos.
O teatro convértese aquí nun espazo seguro desde o que abordar estas cuestións sen tabús,
favorecendo unha educación emocional que moitas veces fica esquecida nas dinámicas escolares ou familiares.
Ao mesmo tempo, a obra reforza a relación interxeracional, poñendo en primeiro plano a riqueza dos vínculos
entre infancia e vellez, e desbotando visións estigmatizantes da doenza ou da idade.
Equipo artístico
Texto: Carlos Labraña (XIII Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil)
Dirección: Susana Villaverde
Dramaturxia: Ezequiel Rodríguez e Susana Villaverde
Interpretación: Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rey
Escenografía e creación de audiovisuais: Maite Dubois
Deseño iluminación e máscaras: Amelia Poyato
Deseño de monicreques e vestiario: Amelia Poyato
Colaboración na realización de monicreques: Marcelino de Santiago e Isabel Rey
Composición musical e gravación banda sonora: Xosé Lois Romero
Espazo sonoro e voz: Noemí Pardo
Asesoramento lingüístico: Rosa Moledo



