Tutilimundi no Festival C Santiago de Compostela

Gernika

Tutilimundi no V FESTIVAL C en Santiago de Compostela. Martes 6 e mércores 7 de agosto. Escalinata de Santa Susana (Escultura García Lorca) Paseo da Ferradura.

De 18,00 a 20,00 horas. Pases de 5 minutos para 1 ou 2 espectadores. Todos os públicos. Entrada libre

O martes 6 e o mércores 7 de agosto Os monicreques de Kukas presentamos TUTILIMUNDI no Festival C en Santiago de Compostela. Composto por GERNIKA ou danos colaterais e S.O.S. emerxencia ambiental, dúas breves obras sen palabras dirixidas a 1 ou 2 espectadores en pases de 5 minutos durante dúas horas cada día da modalidade teatral coñecida como “tutilimundi” ou “lambe – lambe” nas que por medio dos monicreques, a música e as artes plásticas reflexionamos sobre a guerra e a paz e as agresións e o respecto ao medio ambiente, en particular aos mares e océanos.

Gernika
Gernika

Os monicreques de Kukas, compañía compostelana que neste ano 2024 celebran o seu 45 aniversario recibirón ao longo da súa traxectoria numerosos premios e recoñecementos como o Premio da Crítica de Galicia, o Premio Galicreques, o Premio da Cultura de Galicia ás artes escénicas, o Premio Xiria polo seu labor teatral. Asemade no ano 217 o pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou por unanimidade a creación da Casa dos Monicreques que albergaría o seu patrimonio.