Tutilimundi no Festival Texendo palabres con títeres o 5 de outubro
Praza Daira Echdeiría- Concello de Riberas de Arriba (Asturias)
De 12,30 a 13, e de 17,30 a 18,30. Pases de 5 minutos. Todos os públicos.
O sábado 5 de outubro Os monicreques de Kukas presentamos TUTILIMUNDI (GERNIKA E S.O.S EMERXENCIA AMBIENTAL) no Festival Texendo palabres con títeres 2024 en Ribera de Arriba (Asturias) GERNIKA ou danos colaterais e S.O.S. emerxencia ambiental,dúas breves obras dirixidas a 1 ou 2 espectadores en pases de 5 minutos da modalidade teatral coñecida como “tutilimundi” ou “lambe – lambe” nas que por medio dos monicreques, a música e as artes plásticas reflexionamos sobre a guerra e a paz e as agresións e o respecto ao medio ambiente, en particular aos mares e océanos.