Galería de arte virtual online de obras de arte formadas por debuxos, pinturas e fotografías de Marcelino de Santiago Viqueira “KUKAS”

Dende que realizou a súa primeira exposición de pintura aos 13 anos Kukas segue creando

empregando as mais diversas técnicas e formas de expresión artística que abranguen dende

a pintura ou a fotografía, pasando polo deseño gráfico ou a iluminación de pergameos  ata

as artes escénicas nas que mesmo dirixe, que actúa, que anima monicreques ou deseña figurinos

i escenografías, sen esquecer a súa contribución á música como gaiteiro ou a literatura como

poeta, narrador e dramaturgo.

Nos anos 70 participa na fundación do FOGA (Fato de Ounirismo Galego) que supuxo un

revulsivo na arte galega da época. Nos anos 80 é membro fundador do Colectivo Tornillo

formado por artistas de diferentes disciplinas.

Dende hai case 50 anos dirixe Os Monicreques de Kukas, a primeira compañía galega

de teatro de monicreques contemporánea, traballo polo que ten recibido numerosos premios

e recoñecementos como o Premio Galicreques, Premio da Crítica de Galicia, Premio da Cultura de Galicia,

Premio Xiria, o Xograr de Outono, Mención de Honra do Cdtb de Bilbao.

DEBUXOS

Debuxos orixinais a plumilla, lápiz sobre papel

Máis
ÓLEOS

Cadros orixinais pintados con óleo sobre lenzo.

Máis
ACRÍLICOS

Cadros orixinais pintados con acrílico sobre lenzo, cartón ou papel feito a man.

Máis
ACUARELAS

Cadros orixinais pintados con acuarela sobre papel feito a man.

Máis