No FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES de REDONDELA
Monicreques de Kukas expoñen tres instalacións representativas de
espectáculos creados nos últimos vinte anos , así como carteis e
programas, catálogos e libros que amosan a variedade do seu
traballo ao longo de 47 anos.
Esta mostra estará aberta ao público dende o 8 ao 21 de maio
no Edificio Multiusos da Xunqueira de Redondela.

Instalación composta dunha banda do decorado á escala do Pórtico da Gloria.
Complementase este decorado con varios paneis pintados que representan
diferentes lugares do Camiño de Santiago nos que transcorre a obra teatral.
Os monicreques presentan unha percha mixta de creación propia que mestura
fíos, rotulas e pancas para mover a cabeza e pernas e variñas para as mans.

Instalación que recrea un curral co seu galiñeiro, capoeira, pozo, árbores, tendal
no que amosamos os diferentes animais desta versión do Quíxote.
Con monicreques de animais humanizados coa súa vestimenta e aderezos que
amosan diferentes técnicas, preferentemente na maioría das marionetas con
vara traseira para suxeitalas e con animación directa na cabeza e nas mans.
Tamén incorporamos 3 monicreques, o Quíxote, Sancho e Dulcinea, de tamaño
case natural e cunha técnica mixta de animación, con variñas para os brazos e
un mecanismo para mover a cabeza e o corpo, de creación propia a partires do
modelo de Peralta del Amo, que mestura fíos e pancas e que se suxeitan ao
traveso dunha vara traseira que vai a un arnés que leva a persoa que move
as marionetas.

Instalación formada por unha estrutura a modo de estante con andeis
nos que en cada lateral se representan diferentes espazos como unha
casa coa cociña e un dormitorio, un centro comercial de dúas alturas e
no centro recrease un parque co seu banco e fonte con auga e na
parte inferior o fondo do mar.
Con monicreques con variñas traseiras que representan a personaxes
humanos e diferentes peixes e crustáceos e con gran cantidade de
derezos é unha visión detallada do mundo que recrea a obra.



