Os Monicreques de Kukas estamos preparando dous novos lambe-lambe
que estrearemos no XI TITIRIBERIA que se celebrará en Rianxo do
18 ao 23 de agosto.
Despois de participar no festival cos lambe-lambe Gernika (danos colaterais) e
S. O. S emerxencia ambiental a compañía Os Monicreques de Kukas continúa a
súa exploración dos títeres con dúas novas producións que dialogan entre o
pasado e o presente, entre a música e a lírica de W. A. Mozart e Manoel Antonio
coa interpretación plástica, visual e teatral de Kukas e Isabel, investigando
ademais na relación escénica entre a animación das marionetas e as vídeo
proxeccións ou a AI.
Estes novos lambe – lambe ou tutilimundi aínda en proceso de
creación e ensaios e dos que avanzamos unha pequena escolma son:
DIVERTIMENTUM MUSICUM
É un divertimento musical para coro e orquestra con música de
Mozart do que xa temos o teatrino e as marionetas e mecanismos.
A caixiña evoca a un teatro en miniatura no que nesta ocasión recreamos
o telón de boca do Teatro Perincipal de Santiago e o retrato de Mozart na venta
que serve de miriña pola que obsevaremos a breve representación musical.






Banda sonora ensaios
SÓS, O MAR, O BARCO E MAIS NÓS
É un poema escénico e visual inspirado no poema Sós do poemario
De catro a catro do poeta rianxeiro Manoel Antonio.
Con manipulación de monicreques, obxectos e vídeo proxeccións creadas
a partires de debuxos e pinturas orixinais de Kukas e animadas con IA.
A caixiña representa ao caderno orixinal no que o poeta Manuel Antonio
escribiu o poemario que nos inspirou para crear esta obra.







