Novos lambe-lambe estreados no 2026

Os Monicreques de Kukas estreamos dous novos lambe-lambe

no XI TITIRIBERIA o 18 de agosto en Rianxo.

Despois de crear os lambe-lambe Gernika (danos colaterais) e

S. O. S emerxencia ambiental a compañía Os Monicreques de Kukas continuamos a

nosa exploración dos títeres con dúas novas producións que dialogan entre o

pasado e o presente, entre a música e a lírica de W. A. Mozart e Manoel Antonio

coa interpretación plástica, visual e teatral de Kukas e Isabel, investigando

ademais na relación escénica entre a animación das marionetas e as vídeo

proxeccións.

Estes novos lambe – lambe ou tutilimundi son:

DIVERTIMENTUM MUSICUM

É unha brincadeira musical para coro e orquestra con música de

Mozart e monicreques e autómatas.

A caixiña evoca a un teatro en miniatura no que nesta ocasión recreamos

o telón de boca do Teatro Perincipal de Santiago e o retrato de Mozart na

miriña pola que obsevaremos a breve representación musical.

Banda sonora

SÓS, O MAR, O BARCO E MAIS NÓS 

É un poema escénico e visual inspirado no poema Sós do poemario

De catro a catro do poeta rianxeiro Manoel Antonio.

Con manipulación de monicreques, obxectos e vídeo proxeccións creadas

a partires de debuxos e pinturas orixinais de Kukas e animadas con IA.

A caixiña representa ao caderno orixinal no que o poeta Manuel Antonio

escribiu o poemario que nos inspirou para crear esta obra.