Obradoiro impartido por Marcelino de Santiago “Kukas”

OS MONICREQUES DE KUKAS e CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

Obradoiro de deseño, construción e animación dunha marioneta – escultura xigante para un espectáculo teatral.

Obxectivos.-

  • Estudio do monicreque como escultura e como personaxe teatral
  • Deseño do monicreque segundo a dramaturxia e as características do personaxe.
  • Estudio de técnicas de manipulación do monicreque.
  • Os materiais de refugallo e a construción do monicreque.
  • Animación e manipulación do monicreque.

Actividades.-                                     

  • Elementos a ter en conta no deseño da marioneta: texto, proposta escénica, o personaxe e a súa caracterización.
  • Proporción anatómica das partes do corpo.
  • Preparación dos materiais de refugallo para construír cada parte do corpo.
  • Construción do monicreque e ensamblaxe dos diferentes elementos.
  • Policromía do monicreque.
  • Animación e manipulación do monicreque.      

Duración.-                                          

6 días 4, 5, 6 de xuño e 10, 11 e 12 de xuño do 2024

Grupo receptor.-

  • Alumnos da Escola de Arte Dramático
  • Profesionais e amadores do teatro con obxectos e marionetas
  • Máximo 10 alumnos.

Infraestrutura.-

  • Local facilitado por Kukas Producións Artísticas SL na rúa Forniños 54 de Santiago de Compostela.

Ferramentas e materiais.-         

  • Facilitadas por Kukas Producións Artísticas SL

Mestre                                           

Marcelino de Santiago Viqueira (Kukas)  

Formación

Graduado en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. Especialidade de Fotografía Artística. Mestre Artesán especializado en escenografía e cartelismo. Curso de escenografía teatral impartido por Francisco Nieva. Cursos de construción e posta en escena con marionetas impartidos por Francisco Peralta del Amo. Curso de dirección escénica impartido por Jiri Jâros do Teatro Nacional de marionetas de Praga.

Premios e recoñecementos

Premio Galicreques 2021 Premio da Crítica de Galicia das artes escénicas 2020 Premio da Cultura Galega das Artes Escénicas (2019) Premio Xiria ao Labor Teatral (2019) Premio de Honra de Titiricuenca polo seu 40 Aniversario.(2019) Premios OH Teatro de Asturias á mellor escenografía e mellor espectáculo por Nora, a nena de sal (2012) Finalista Premios Max ó mellor espectáculo revelación por Nora, a nena de sal (2012) Xograr de Outono.  FIOT 2011 Premio María Casares á mellor escenografía por Un cranio furado  (2011) Mención de Honor do CDBT de Bilbao polo seu labor no teatro de monecos (1997) Premio Compostela de Teatro á mellor Escenografía por Saxo Tenor (1993)

Actividade didáctic

Cursos especializados de construción e posta en escena con monicreques, teatro, fotografía e artes da imaxe, entre outras, para entidades como:

Universidade de Santiago de Compostela, Postgrado de teatro. 2000 e 2003 Escola de Maxisterio de Santiago. Teatro. Cursos 88-89 e 89-90. Escola de Maxisterio de Lugo. Construción e posta en escena monicreques. Cursos 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08, 2008-09. Aula de Teatro da USC. Escenografía. Cursos 90-91, 91-92,92-93.

Centro de Artesanía e Deseño de Galicia. Construción bonecos, máscaras e cabezudos (530 horas cada obradoiro). Cursos 2000 e 2001. Escola de Educadores especializados en marxinación social. Construción monicreques, artes plásticas, fotografías e artes da imaxe. Cursos 84-85, 85-86, 87-88. Instituto Xelmírez I de Santiago. Experiencia pedagóxica base para a reforma educativa estatal. Teatro e fotografía. Cursos 87-88 e 88-89.

Fundación Municipal de Cultura de Xixón. Construción e posta en escena monicreques.1998, 1999 e 2000. Xornadas Pedagóxicas do Teatro para á Infancia e a Xuventude de Guimaraens. Construción e posta en escena con monicreques. 1998 e 1999. Centro de Formaçao de Vieira do Minho (Portugal). Construción de fantoches.  Xornadas Pedagóxicas de Teatro en Fafe (Portugal). Construción máscaras. 2017

Deseños e construción de escenografías, marionetas, vestiarios

Centro Dramático Galego: O Mozo que chegou de lonxe 1988 , A Lagarada 1992, O Mariscal 1994, A burla do Galo, O ano da Cometa. Real Filharmonía de Galicia: O Retablo de Maese Pedro 2001, O Carnaval dos animais 2003, San Nicolás 2004, O castelo da Rocha vella 2009.

Teatro do Aquí, Saxo tenor. Ollomol, Fas e Nefas. Ancora, O galego a mulata e o negro. Yheppa-Kamante, Cervantes en Barataria. Sarabela Teatro, A Conxura dos necios. Teatro do Atlántico, Vanzetti. Cabildo de Tenerife, A sopa máxica vídeo. Butacazero – Eme-2, Voaxa e carmín. Espello Cóncavo: O almorzo, Vapores, Bailando en verán.

Televisión de Galicia: “Gabinete Ricoñam”  Xabaril Club 2007, raposo “Digochiño” 2023 Factoría Norte: Federico, Federico,  , A Nena da Nube , Nora a nena de Sal, Muller, Figuras Xardín Botánico. Visitas guiadas Avilés. Culturactiva: O Valo, Retrincos de Castelao, Saabor, Sénior, Máis saaaabor!  Mala Sombra: DEP, Bernarda

Producións Excéntricas: escenografías e atrezzo de: Un cranio furado, Oeste Solitario, Obra, Da Vinci levaba razón, Románticos, Os amores de Jack o fatalista, Cartoons, Pirolíticos, Monstros, atrezzo de Bobas & Galegas, a cabeza do dragón, Cranios privilexiados,  o Auto do Castromil, o Porco de pé.

Teatro Guirigai: A vida é soño, O Satiricón, O Voo dun millón de paxaros, O libro de Bo Amor, Amalia e o río, O Estebanillo.

Monicreques de Kukas: A rúa das Balconadas, Don Gaiferos, Canonxo, Unha noite no pórtico del Paraíso, Odisea, Na casca dunha árbore, Historias dun papel, A culpa foi de Mozart, Adubíos, Cucarandainas, Xan Trapallas, Anxélica no ombral del ceio, Contos do vento acatarrado, Galiza Máxica, Cantar da Cantaruxa, A doncela Guerreira, Sen Título 4x8x6, Un agasallo para Xaquín, 7 contos capitais, Andainas dun monicreque, Kikirixote, Xan Perillán e a maleta máxica, Xan Perillán compra queixo compra pan, A Frauta máxica no maxín, Encoro enmeigado, Réquiem por un monicreque, De trebellos, perellos e fedellos, Arlequina, Don Gaiferos, Viva Vivaldi, Gernika, S.O.S. emerxencia ambiental.