Ola! son Isabel Rei Pousada
Nacín na Coruña no ano 1958.
Licenciada en Xeografía e Historia. Diplomada en dobraxe.
Premio da Cultura Galega,
Premio Galicreques,
Mención de Honor de Titiricuenca,
Premio Xiria da MITCFC
Directora de máis de 30 obras de teatro con marionetas e actores para Os Monicreques de Kukas, Trécola Producións . Animadora de marionetas. Produtora e distribuidora de teatro.
Comisaria de exposicións como:
Os Monicreques XX Aniversario,
Os Monicreques de Kukas 40 Aniversario no FETEN ,
Feira de Teatro de Fafe,
Don Gaiferos camiño cara a Compostela,
Os Monicreques de Kukas de barrio a barrio en Santiago.
Conferenciante e poñente en congresos e encontros culturais como:
Xornadas Ramón Cabanillas, IV Congreso Galicia/Norte de Portugal, Encontro Magic Net, I Congreso Internacional de Teatro Galego.
Vicepresidenta entre 1994 e 1997 de Unima Galicia.