Ola! son Marcelino de Santiago Viqueira (Kukas)

Nacín en Compostela no ano 1954.

Son graduado en Fotografía Artística e mestre artesán en escenografía e cartelismo.

Premio Compostela escenografía, Mención de Honor FIT Bilbao, Premio María Casares escenografía,  Xograr de Outono FIOT,  Premios Oh de Asturias escenografía e mellor espectáculo. Mención de Honor Titiricuenca. Premio Xiria MITCFC . Premio da Cultura Galega. Premio da Crítica de Galicia e Premio Galicreques.

Dramaturgo con máis de 40 obras estreadas con actores e monicreques. Animador de marionetas, actor, pallaso e director de escena en espectáculos do CDG, Real Filharmonía de Galicia, Os Monicreques de Kukas, Factoría Norte, Trécola Producións…

Escenógrafo, figurinista, deseñador e constructor de marionetas, máscaras, atrezzos, xigantes e cabezudos para su compañía e entidades públicas e privadas.

Pintor, deseñador gráfico e ilustrador e fotógrafo artístico con exposicións individuais e colectivas ao longo de máis de 50 anos.

Impartiu cursos de construción e posta en escena con marionetas en entidades como Universidade de Santiago, Centro de Artesanía e Deseño de Galicia de Lugo, Escolas Universitarias de Maxisterio de Lugo e Santiago, Fundación Municipal de Cultura de Xixón, Universidade do Alto Minho, Xornadas Pedagóxicas de Guimaraens e Fafe en Portugal.