A compañía nace en 1979. É a primeira compañía de teatro con obxectos contemporánea galega.

Nestes 44 anos de existencia teñen sido convidados para crear espectáculos por  institucións como:

Centro Dramático Galego, SECC – Ministerio de Cultura, IGAEM – Xunta de Galicia, Real Filharmonía, Festival da Ópera de A Coruña

Teñen colaborado con grupos de cámara e intérpretes como:

Camerata Quiodi, Quinteto Pentafonía, Zoar, Suso Alonso, Caamaño&Ameixeiras, Paula Rei ou Rubén Barros Deschamps.

O seu traballo céntrase na investigación e creación de novos prototipos de marionetas.

Crean espectáculos de gran formato dirixidos a todo tipo de públicos

Sempre cunha coidada posta en escena tanto dende o aspecto plástico e visual como de interpretación e dramaturxia.

Centran a súa actividade na promoción, divulgación e dignificación do teatro con obxectos e formas animadas.

O repertorio da compañía abarca argumentos e textos variados:

  • Teatro de carácter social para a infancia e xuventude.
  • A historia e lendas populares galegas e do Camiño de Santiago.
  • Reflexións sobre o mundo do Arte e o meta teatro.
  • Espectáculos musicais tanto de música clásica como do folclore galego.

Participan en festivais internacionais como:

FETEN, Festival Internacional de Títeres de Tolosa, Festival Internacional de Títeres de Bilbao, Festival Internacional de Títeres de Redondela, Titirideza, Galicreques, Mostra de Teatro Ibérico do Nordeste de Brasil, Compostela 93, Xacobeo, Feira de Teatro de Galicia, Festival do Eixo Atlántico de Viana do Castelo, Xornadas Pedagóxicas de Teatro de Guimaraens (Portugal), Festival de Kilkis (Grecia), Festival Marabillas de Estremadura, Exposición Misións Pedagóxicas 1931- 1934 en Madrid, Soria e Segovia, Festival Internacional Titiricuenca, Feira do Teatro de obxectos e formas animadas de Fafe (Portugal), Feira de Teatro de obxectos e formas animadas de Freixo da Espada à Cinta (Portugal).

Os seus socios imparten cursos especializados de construción e posta en escena con marionetas para entidades como:

Universidade de Santiago de Compostela, Escolas de Maxisterio de Lugo e Santiago de Compostela, Centro de Artesanía e Deseño de Galicia , Fundación Municipal de Cultura de Xixón, Xornadas Pedagóxicas de Guimaraens, Fafe e Vieira do Minho, Escola de Educadores Especializados e en marxinación social, Concellos de Santiago de Compostela, Oleiros, Barreiros, Medellín, Los Santos de Maimona, Arganda

Realizan traballos de deseño e construción de marionetas, xigantes, cabezudos, escenografías e vestiarios para outras entidades públicas e privadas:

TVG, Centro Dramático Galego, Teatro Guirigai, Producións Teatrais Excéntricas, Factoría Norte, Sarabela Teatro, Teatro do Aquí, Centro Dramático de Viana do Castelo, Espello Cóncavo, Teatro da Lúa, Áncora Producións, Ollomol, Danthea, Teatro do Atlántico, Culturactiva, Museo Jovellanos de Xixón, Xardín Botánico de Xixón, Concellos de Santiago, Fonsagrada, Tui, Ourense, Vimianzo, Caldas de Reis, Xixón, Avilés

En 2017 o Concello de Santiago aprobou por unanimidade dos grupos PP, PSOE, Compostela Aberta a moción presentada polo BNG:

Para “establecer un convenio de colaboración do concello e a compañía para crear a Casa dos Monicreques”

E que albergará todo o seu patrimonio, que é parte da historia das artes escénicas e plásticas de Galicia.

Para a súa exhibición, catalogación e dixitalización.