Aquí podes consultar os espectáculos que temos en cartel no ano 2025.
O carteiro de Ximaraos
O carteiro de Ximaraos é unha coprodución entre o CDG- Salón Teatro e Os Monicreques de Kukas a partir do texto orixinal de Carlos Labraña que recibiu o XIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil
Viva Vivaldi (1,2,3 e catro estacións)
As catro estacións de Vivaldi inspiráronnos para crear un espectáculo no que representamos os cambios que se producen en cada unha das estacións do ano con pequenas historias que valoran a importancia da amizade e das relacións afectivas e solidarias.
Gernika (danos colaterais)
Gernika, o seu bombardeo e a pintura mural de Picasso son un símbolo do horror, barbarie e sen razón que as guerras provocan.
S.O.S. emerxencia ambiental!
A contaminación dos mares e océanos e traxedias como as do Prestige, Urquiola, Mar Exeo … son motivo de reflexión e denuncia.
Xan Perillan e a maleta máxica
Xan Perillan e a maleta máxica un espectáculo que mestura o pallaso e a pantomima coa maxia e os monicreques.
Xan Perillan compra queixo, compra pan
Un espectáculo que mestura o pallaso e a pantomima cos monicreques e a maxia compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía.
De trebellos, perellos e fedellos
A través de recursos como a pintura en directo e a animación de marionetas planas representamos varios poemas do libro DE TREBELLOS, PERELLOS E FEDELLOS do que é autor e ilustrador Marcelino de Santiago (Kukas)




