
A través de recursos como a pintura en directo e a animación de marionetas planas representamos varios poemas do libro
DE TREBELLOS, PERELLOS E FEDELLOS
do que é autor e ilustrador Marcelino de Santiago (Kukas)

Posta en escena adaptable a diferentes tipos de espazos dende unha biblioteca, ata o salón de actos dun centro cultural.


Nesta ocasión Xan Perillán vai centrar a súa atención no público de 3 a 8 anos.
Animando a uns a coñecer verbas en desuso, a outros animalos á lectura …
E a todos a valorar, coñecer e gozar da poesía e das artes plásticas.

Os decorados son unha reprodución das ilustracións do libro.

Autor e intérprete:
Marcelino de Santiago (Kukas)
Dirección escena
Isabel Rey Pousada
Público infantil de 3 a 8 anos e familiar