
Gernika, o seu bombardeo e a pintura de Picasso son un símbolo do horror e sen razón que as guerras provocan.
Mentres nas rúas e nas prazas a vida transcorre coma decote…De súpeto! nun intre todo pode mudar e a vida trocarse nun inferno e nunha sen razón…


Teatro mínimo no que dende a ventá asistimos ao instante no que unha vila vese transformada en destrucción.

Autor e intérprete: Marcelino de Santiago Viqueira (Kukas)
Dirección: Isabel Rei Pousada


Aforo máximo: 1 persoa por pase
Duración pase: 5 minutos e 1 segundo
Sesión: 2 a 3 horas cada sesión
Máximo 2 sesións por día
Critica de Danos colaterais (GERNIKA)
TITERESANTE. Publicado por Toni Rumbau | Jul 30, 2022
Trailer GERNIKA (danos colaterais)