O xurado dos XLIII Premios da Crítica de Galicia de Artes Escénicas otorgou por unanimidade o premio a Os Monicreques de Kukas.
O xurado formado por Rut Balbís, Fernando Dacosta, Carlos Labraña, Patricia Meira, Manuel F. Vieites, Manuel Xestoso e Eulalia Agrelo, secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia.
O xurado salientou que Os monicreques de Kukas se trata dunha compañía de monicreques pioneira en Galicia. Así mesmo destacou a súa faceta artística, xeradora dun universo propio.
A compañía resistiu o paso do tempo e soubo evolucionar incorporando novas xeracións de «titiriteiros» desde o ano 1979.
Resaltou que a súa obra Arlequina, escrita por Marcelino de Santiago e dirixida por Isabel Rey sintetiza todo o seu eloxioso quefacer ao longo destes anos.