O Premio Galicreques concédese a unha entidade, persoa ou empresa polo seu traballo no mundo dos títeres.
Este ano 2021 o gañador é “Os Monicreques de Kukas”.
Compañía recoñecida dentro e fóra das nosas fronteiras cun rico repertorio escénico que foi combinando textos propios e clásicos.
Así como o desenvolvemento dunha estética persoal e a creación de novas formas de entender a construción do monicreque.
Polas súas producións pasaron moitas persoas que adquiriron con elas o bo facer desta arte escénica.
Un dos seus proxectos máis recentes é a creación dun centro estable de teatro de monicreques, “A casa dos Monicreques”.