Premio Xiria ao labor teatral 2019
O premio XIRIA ao labor teatral nace no ano 1987 e ten como obxectivo o
recoñecemento das persoas, organizacións, entidades públicas ou privadas que
demostrasen ao longo da súa traxectoria profesional un labor teatral que, dun
xeito ou outro, deixase pegada nas artes escénicas de Galicia.
O galardón consiste nunha escultura de aluminio deseñada polo artista
plástico Manuel Lareo a partir do logotipo creado para a MITCF polo pintor Manuel
Pizcueta.
Ler máis